Unha proposta de traballo plantexada pola Federación SOS Racismo que xurde como continuación do programa FormaSOS. Pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.
Un espazo participativo, creativo e acolledor para reflexionar sobre o racismo estrutural, os privilexios e o poder no ámbito socioeducativo.
Analizaremos a colonialidade, o racismo institucional e estratexias prácticas de intervención antirracista desde a nosa realidade profesional.
Obxectivos do obradoiro :
● Analizar criticamente o racismo estrutural e institucional no contexto galego e estatal.
● Explorar e construír conxuntamente ferramentas e/ou estratexias concretas para unha intervención socioeducativa antirracista.
● Promover espazos de coidado e análise compartida desde unha metodoloxía vivencial e socioafectiva.
Educadora Social cun enfoque especializado en antirracismo e decolonialidade. A miña paixón radica na promoción da equidade de oportunidades e na construción de comunidades máis reparadoras e xustas. Cunha sólida experiencia no deseño e implementación de accións socio-educativas, dedícome a abordar temas como o discurso de odio, o racismo e a gordofobia.
A miña labor enfócase no desenvolvemento de estratexias educativas baseadas en metodoloxías participativas e socioafectivas, buscando fomentar a reflexión crítica, a conciencia social e a acción transformadora tanto en individuos como en comunidades. Recoñezo a importancia dun enfoque decolonial, entendendo que a discriminación e a exclusión histórica son interseccionais e afectan profundamente a vida das persoas.
Como experta en dinamización grupal, liderei numerosos obradoiros e capacitacións para máis de 300 persoas ao longo destes anos, adaptando as metodoloxías a diversas audiencias e contextos.
Con máis de cinco anos de experiencia impartindo obradoiros tanto para adolescencias como para persoas adultas, tamén fun co-fundadora do colectivo antirracista e decolonial Resistencia en Terra Allea e formei parte da coordinación da Casa Comunitaria Aluandê, o primeiro espazo antirracista, afrocentrado, decolonial e transinclusivo de Galicia.
Como educadora social comprometida coa diversidade, a inclusión e a loita contra o racismo, estou dedicada a promover un cambio social positivo, construír comunidades máis xustas e equitativas, e fortalecer a conciencia e a acción antirracista en todos os niveis da sociedade.