Médicos do Mundo xunto a outras catro entidades (Fundación Cruz Blanca, Mujeres en Conflicto, APRAMP e Proyecto Esperanza), estamos implementando o «I Plan de Inserción Socio Laboral a mujeres y niñas víctimas de trata y explotación sexual y contextos prostitucionales», enmarcado no «I Plan operativo para la protección de los derechos humanos de mujeres y niñas víctimas de trata, explotación sexual y mujeres en contextos prostitucionales 2022-2026 – Plan Camino» do Ministerio de Igualdade.
Dentro deste plan, un dos programas no que estamos a traballar é o de «Acompañamiento social y psicológico para la recuperación integral de la salud física, psicológica y reproductiva de menores tuteladas». Nesta área enmárcase a formación que ofrecemos dende Médicos do Mundo ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
O ano pasado 376 profesionais procedentes de 90 centros residenciais do sistema de protección e/ou colexios profesionais relacionados coa temática participaron desta formación. O obxectivo das devanditas formacións é achegar aos e ás profesionais o fenómeno da explotación sexual infantil e adolescente (ESIA) e dotar de ferramentas de cribado e detección de indicios, tanto na avaliación previa á entrada no centro como durante o proceso dos menores no devandito recurso, así como dalgunhas estratexias de intervención para poder abordar dita fenomenoloxía.
A formación está destinada a profesionais que traballan no sistema de protección (ou poden chegar a traballar) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia, entendendo como tal tanto a persoal técnico de atención directa como de administración e/ou xestión.
Despois da formación, o 99% das persoas participantes afirman dispor de ferramentas ou pautas de detección e intervención en casos de ESIA, fronte ao 37% das persoas que o sinalaban antes de recibir a formación. E o 87% sinalan a necesidade de seguir profundando na temática. É por elo que este ano pasamos das 4h da xornada técnica do pasado ano a unha acción formativa máis completa e con estudo de casos prácticos que se estende ata as 9h de formación certificadas.
O obxectivo xeral da formación sobre explotación sexual e infantil é dotar de ferramentas e capacidades ás persoas profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia.
Os obxectivos específicos son:
Raquel Álvarez Vázquez
Educadora social, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria profesional no ámbito de protección de menores, en distintos contextos xeográficos e culturais, pero sempre ligada a recursos residencias e á intervención directa.
Na actualidade exerce diferentes funcións en Médicos do Mundo céntranse na prevención de explotación sexual na infancia e na adolescencia por unha banda, e no acompañamento en procesos de empoderamento de mulleres vítimas de trata, explotación sexual e contextos de prostitución pola outra.
EUROS
Educadoras/es sociais colexiadas/os do Ceesg, así como así como de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES