Loading...

COLEXIACIÓN

Colexiada/o Senior

A xubilación marca un novo capítulo, pero non ten por que ser o fin da conexión coa profesión á que se dedicou gran esforzo e dedicación. O noso colexio profesional creou a modalidade de Colexiadas/os Senior para que, mesmo despois de pechar o teu ciclo laboral, poidas seguir sendo parte activa dunha comunidade que segue medrando e aprendendo, aproveitando a riqueza da experiencia colectiva.

A posibilidade de seguir formando parte da rede profesional permite que o legado de cada profesional siga influíndo positivamente no futuro da nosa disciplina.  A permanencia do vínculo co Ceesg das persoas xubiladas non será só un aporte individual, senón un xesto colectivo cara ao fortalecemento e á evolución da nosa profesión.

Xuntos, seguimos sendo unha fonte de apoio, coñecemento e resistencia, onde cada quen ten algo valioso que aportar.

As colexiadas/os Senior disfrutan dunha reducción na cota de colexiación. Ver cotas

Solicitude

Cando chegue o momento de xubilación, accede ao trámite de solicitude de cota reducida, dispoñible no portelo único. Escolle a opción de cota reducida por xubilación e achega a documentación que se solicita.

Esta modalidade de desconto na cota non é necesario renovala semestralmente, como ocorre coas demais.