Loading...

FORMACIÓN CEESG

Xornada técnica: Abordaxe coordinada da protección infantil dende os SEAF e os equipos técnicos de menores

Datos básicos da xornada

 

  • DATA: 27 de xuño de 2024. De 10:00 a 14:00 h.

 

  • DURACIÓN: 4 horas de formación.

 

  • LUGAR: Edificio Adtvo. San Caetano (Xunta de Galicia). Santiago de Compostela.
    VER UBICACIÓN

 

  • PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais dos SEAF (Servizos de Educación e Apoio Familiar) dos concellos galegos.

Entre os obxectivos dos Servizos de Educación e Apoio Familiar están previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, con especial atención aos menores de idade, así como realizar o seguimento e a intervención nas familias en que teña derivado aos servizos sociais especializados de atención á infancia. Para ese traballo é necesario o uso de ferramentas específicas de valoración dos casos e a coordinación cos diferentes recursos de atención e protección infantil.

Baseándonos nestas premisas, dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizamos esta xornada técnica, dirixida a educadoras/es sociais dos SEAF. Contará con persoal técnico da Consellería de Política Social, que afondará no instrumento Valora como ferramenta de traballo, e con educadoras sociais dos SEAF que nos falarán sobre a coordinación cos equipos técnicos de menores das xefaturas provinciais.

A xornada está organizada co apoio da Dirección Xeral de Familias, Infancia e Dinamización Demográfica, continuando o seu apoio á formación para profesionais dos SEAF proposta dende o Ceesg. Tras a celebración dos I e II Encontros formativos dos SEAF, esta xornada técnica vén reforzar unha oferta formativa específica que contribúe non só á mellora e actualización da praxe profesional, senón que tamén favorece o coñecemento e creación de redes profesionais.

  • Obxectivos:
    1. Xerar rede entre as Educadoras Sociais dos SEAFs.
    2. Favorecer un marco formativo para as Educadoras Sociais dos SEAFs.
    3. Aprender a usar os instrumentos (VALORA)e protocolos de intervención que a diario teñen que manexar as profesionais e a coordinación efectiva entre os distintos recursos.

Xornada técnica: Abordaxe coordinada da protección infantil dende os SEAF e os equipos técnicos de menores

10:00. Traballo co  instrumento Valora.

  • Teresa Gutiérrez Manjón. Coordinadora da adaptación en Galicia do instrumento Valora.

13:00. Liñas de traballo para a coordinación efectiva entre os SEAF e as xefaturas territoriais.

  • Sonia González Rodríguez. Educadora social do Concello de Arteixo e presidenta do Ceesg.

De balde

0

EUROS