Loading...

Escola de Outono: Avaliación e informe en Educación Social

DATA:2010
TIPO:Libro de actas

 

A miúdo as/os profesionais da Educación Social reflexionamos se as intervencións que estamos a desenvolver son as máis axeitadas para conseguir os obxectivos formulados inicialmente. A ferramenta que nos permite saber se o que facemos é o axeitado é a avaliación. A avaliación é un elemento inherente a todo programa socioeducativo, pode axudarnos a identificar os aspectos positivos e negativos da intervención, os diferentes elementos que contribúen ao logro dos obxectivos e pode orientarnos cara a mellora da práctica.

A Escola de Outono celebrada en novembro de 2010 tiña por obxecto abordar o concepto e o sentido da avaliación no eido da Educación Social. Concretamente, a avaliación naqueles espazos nos que as educadoras e educadores sociais temos máis presenza, construíndo un instrumento que axude a coñecer a fondo o funcionamento dos programas de intervención, das organizacións e das/os profesionais que os levan a termo, orientando así a toma de decisións para a mellora da calidade das intervencións.

Esta publicación recolle as actas da Escola de Outono.