Loading...

FORMACIÓN CEESG

Autocoidado emocional a través de mindfulness para Educadoras/es Sociais


A incorporación de rutinas de autocoidado son clave para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades, tanto físicas como mentais (ansiedade, depresión, entre outros). Isto favorece o restablecemento da saúde e empodera á persoa, dándolle máis recursos e control sobre a situación que está a manexar, como podemos coidar aos demais se non somos capaces de coidarnos a nós mesmas. Aprender a coidarse é unha forma de mellorar a relación cun mesmo, implica coñecerse mellor e saber que prácticas e intereses abonan á propia saúde.

Datos básicos do curso

  • DATAS E HORARIOS:
    11, 18 e 25 de xuño + 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo. Todos os martes dende o 11 de xuño ao 30 de xullo de 19:30h a 21:00h.
  • DURACIÓN:
    12 horas de formación certificada repartidas en 8 semanas
  • LUGAR:
    Aula virtual do Ceesg
  • MODALIDADE:
    En liña
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    Formación aberta a todo o mundo que teña interese na formación con 50% de desconto para Edusas colexiadas.
  • COTA MATRÍCULA: 50€ para Colexiadas e Amigas do Ceesg (ou calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES) e 100€ para persoas non colexiadas.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 28 de maio.
Obxectivos
  • Reducir os niveis de estrés.
  • Acadar unha maior concentración e motivación.
  • Mellorar o benestar e a capacidade de recuperación (resiliencia) ensinando habilidades para afrontar situacións emocionais difíciles.
  • Acadar maior benestar relacional resultando en actitudes positivas que axuden á educadora/or e ás persoas que acompaña.

 

Contidos
  • Sesión 1: Que é Mindfulness
  • Sesión 2: Mindfulness do corpo
  • Sesión 3: Mindfulness das sensacións
  • Sesión 4: Mindfulness dos pensamentos
  • Sesión 5: Autocoidado e resiliencia
  • Sesión 6: Mindfulness no traballo
  • Sesión 7: Mindfulness na educación
  • Sesión 8: Integrar Mindfulness no día a día
Metodoloxía

1 sesión online por semana de 90 minutos (horario e datas a convir) na que combinamos teoría e prácticas formais e informais.

Proponse aos participantes a práctica diaria de exercicios formais e informais, que permiten integrar o aprendido. Para iso contarán con recursos que facilitarán a práctica (Apps e meditacións guiadas facilitadas pola instrutora).

Docente

Rosa Rial

Instrutora de ioga recoñecida pola Ioga Alliance (500h) e pola Xunta de Galicia na recente certificación de profesionalidade.

Instrutora en Mindfulness e meditación avalada pola Universidade de Zaragoza grazas á formación dun ano BMIT e por The Awareness Training Institute e polo Greater Good Science Center da universidade de Berkeley (California) nunha formación de dous anos.

Esta formación responde á intensa práctica persoal e paixón por ambas disciplinas, cuxo poder transformador experimentou en carne propia. Aínda a día de hoxe sorpréndese do que unha simple respiración profunda pode facer.

Inscricións

Reducida

50

EUROS


Colexiadas/os Ceesg,
estudantes de Educación Social Amigas/os do Ceesg,
así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.


Xeral

100

EUROS


.

Outras persoas interesadas