A violencia de xénero é un dos problemas máis graves e complexos da nosa sociedade actual. É un tipo de violencia estrutural e ideolóxica, que se vén exercendo durante décadas sobre as mulleres polo mero feito de selo, sen distinción de etnia, idade ou clase social e constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre homes e mulleres.
A sociedade no seu conxunto, tanto os poderes públicos coma cada persoa na súa contorna e no seu día a día, a que debe implicarse e seguir loitando para lograr a súa erradicación.
Esta formación vai dirixida principalmente a educadoras e educadores sociais que traballan en recursos de atención primaria básica, específica ou secundaria, e desenvolvan o seu labor acompañando a vítimas de violencia machista.
De forma xeral, profesionais do ámbito socioeducativo que traballan na administración pública, en entidades do terceiro sector ou asociacións.
Datas: Os martes 7, 14, e 21 de abril + 5 e 12 de maio (5 sesións de 3h cada unha).
Duración do curso: 15h (de 16:30h a 19:30h)
Modalidade: En liña.
Lugar: Plataforma Avezar (Moodle).
Cota de matriculación:
Inscricións: Na páxina web do Ceesg. ceesg.gal
Data límite inscricións: 26 de marzo do 2026.
OBXECTIVO XERAL
Formar a profesionais do ámbito socioeducativo e da intervención social na atención integral á vítimas de violencia machista.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
BLOQUE 1: A ATENCIÓN INTEGRAL Á VÍTIMA DE VIOLENCIA MACHISTA DESDE UN ENFOQUE BIO-PSICO-SOCIAL
BLOQUE 2: O PROXECTO DE RECUPERACIÓN PERSOAL (PRP)
BLOQUE 3: O LECER COMO RECURSOS TERAPÉUTICO
O curso ten unha duración total de 15 horas lectivas, distribuídas en 5 sesións de 3 horas cada unha. Será en liña, a través da plataforma Moodle, empregando unha metodoloxía participativa e dinámica a través da creación de grupos de traballo e debates.

Doutora en Ciencias da Educación cunha tese centrada no papel terapéutico do tempo de lecer no proceso de recuperación da violencia machista. Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Educación Social. Experta en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade. Posúe experiencia docente en formación profesional na familia de servizos á comunidade e é integrante do grupo Fiadeiras -especializado en igualdade de xénero- do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
EUROS
EUROS