Normativa
A. Condicións da inscrición:
- Realizarase a solicitude de inscrición vía telemática a través do portelo único do Ceesg, salvo que se estableza un procedemento distinto. A inscrición non se considerará completa ata non achegar toda a documentación requirida, segundo o caso:
- Pagamento da cota correspondente e envío do resgardo bancario (no caso de pagos por transferencia).
- Acreditación da situación de desemprego ou estudante, no seu caso.
- Unha vez completada a inscrición, o Ceesg enviará a confirmación da mesma.
- Como norma xeral, as prazas concederanse por rigurosa orde de inscrición, sen prexuízo de que nalgunha acción concreta se estableza outro criterio.
- No caso de accións formativas das que se expida certificación de asistencia, as persoas colexiadas poderán acceder a dito certificado a través do portelo único (apartado «Carpeta colexial»). No caso de non colexiadas, enviaranse en pdf por email.
B. Lista de agarda:
- Cando se esgoten as prazas dispoñibles para cada acción formativa, o Ceesg poderá pechar a inscrición, podendo crear unha lista de agarda con aquelas solicitudes de inscrición que non obtivesen praza.
- En caso de anulación dalgunha inscrición, o Ceesg notificará a dispoñibilidade de prazas ás persoas que forman parte da lista de agarda.
C. Anulación de accións formativas:
As actividades formativas poderán ser anuladas se non se acada un número mínimo de inscricións, ou por outros motivos de tipo organizativo.
O Ceesg informará de calquera cambio na programación das accións formativas.
D. Devolución de cotas:
O importe da inscrición poderá devolverse nos seguintes casos:
- Cando a persoa solicitante non fose admitida na actividade.
- Cando a persoa inscrita anule a súa solicitude antes de finalizar o prazo de inscrición. Se non se establecese un prazo, deberá avisar dous días antes do inicio da actividade formativa. Fóra deste prazo, só se devolverá no caso de enfermidade infecto-contaxiosa, debendo xustificar dita circunstancia. A Xunta de Goberno resérvase o dereito de aplicar prazos diferentes en actos ou eventos con características particulares, feito que se informará debidamente.
- Cando o Ceesg anule a actividade.
A devolución realizarase mediante o mesmo medio polo que se fixo o pago, con posterioridade á celebración/anulación da actividade.
Outubro 2024