Loading...

FORMACIÓN CEESG

A SAÚDE MENTAL DENDE A PERSPECTIVA SOCIOEDUCATIVA

A saúde mental non é unicamente a ausencia de trastornos mentais como a esquizofrenia ou a depresión. A saúde mental é, segundo a OMS, un estado de benestar mental que permite ás persoas facer fronte aos momentos de tensións da vida, desenvolver todas as súas habilidades, poder aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade.

Falar de saúde mental era ata moi pouco tempo atrás un tema tabú, unha mostra de debilidade e unha doenza oculta aos ollos da sociedade por medo e descoñecemento pero que, con todo, padecía en maior ou menor grado unha parte moi reseñable desa mesma sociedade.

Hoxe en día a saúde mental comeza a espertar empatía, imprescendible para entender que é parte fundamental da saúde e o benestar que sustenta as nosas capacidades individuais e colectivas para tomar decisións, establecer relacións e dar forma ao mundo no que vivimos.

Esta é unha oportunidade inmellorable para achegarse a coñecer a mirada socioeducativa sobre este tema e coñecer de primeira man opinións expertas e iniciativas de entidades que levan tempo traballando a prol da saúde mental das persoas.

Datos básicos da xornada

  • Organiza: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).
  • Colabora: Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  • Data: xoves 14 de decembro.
  • Horario: de 9:00 a 14:30 h.
  • Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). USC.
  • Público destinatario: profesionais da Educación Social, alumnado e profesorado do Grao de Educación Social, estando abertas tamén ao público en xeral que teña interese no tema.

Obxectivos:

  • Coñecer experiencias, entidades e programas que traballan con saúde mental na actualidade.
  • Descubrir o que pode aportar a Educación Social para mellorar a calidade de vida das persoas no ámbito da saúde mental.
  • Abrir o debate sobre a necesidade de incorporar a mirada socioeducativa no traballo con saúde mental contando con opinións expertas.

PROGRAMA:

 9.00 -10.00.- Apertura das Xornadas a cargo de Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía Social e profesor titular de análisis de datos na Universidade de Santiago de Compostela.

10.00- 11.30.- Experiencias de saúde mental (I):
Modera: Xabi Riádigos, grupo SEPA-INTEREA

  • Adrián Varela Pomar, Saúde Mental Feafes Galicia. Vivendas compartidas para persoas sen fogar ou en grave risco de exclusión con enfermidade mental.
  • María Rodríguez Lago, Fundación Érguete Integración. Formación auxiliares de psiquiatría en centros penitenciarios galegos.
  • Eva Gil Rodríguez e Mª Teresa Fernández Vázquez, ASEIA. Asociación para a saúde emocional na infancia e na adolescencia. Programa ALENTO de atención comunitaria a adolescentes con trastornos mentais graves e en situación de vulnerabilidade social.
  • Elisa Carballo Molanes e David del Castillo Alles, DOA Saúde Mental. Abrindo camiño na intervención en primeiros episodios psicóticos desde a Educación Social.

11.30-12.00.- Descanso

12.00-13.30.- Experiencias de saúde mental (II):

Modera: Julio Esparís, grupo SEPA-INTEREA.

  • Aldara Fernández Servia e Pablo Veiga Romero, TactoConTacto. Cree, crea, Crece e Non me berres que non te vexo.
  • Laura Rodríguez Bouza, Agadea Alzheimer. Campaña de sensibilización das demencias: 23 de abril, Día do Libro.
  • Joaquín Férnandez Vidal e Débora González Rodríguez, Asociación Lenda Saúde Mental . 1) A voz de Lenda; 2) Saúde das mulleres maiores dende unha perspectiva de xénero. Intervención con mulleres con enfermidade mental grave.
  • Ana Barba Núñez e Noa Lombao Veiga, Asociación Aliad Ultreia. Proxecto de Detección e Atención a Mulleres Prostituídas con Problemáticas de Saúde Mental e Adiccións.

13.30-14.00.- Presentación da Revista Galega de Educación cuxo número está adicado á saúde mental a cargo do coordinador do monográfico Manuel Armas Castro.

14.00-14.30.- Conclusións e peche das Xornadas a cargo de Jesús García Álvarez, Doutor en Pedagoxía, docente e actual Secretario da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Inscricións

De balde

0,00

EUROS


Xornada aberta ao público en xeral