Loading...

FORMACIÓN CEESG

Estratexias efectivas e creativas na intervención social con mozos e mozas traumatizados

Xornada técnica


A evidencia científica, en especial todas as achegas da neurobioloxía nestes últimos dez anos, son claves para entender a intervención con nenos, nenas e adolescentes desde un modelo máis comprensivo e acomodado ás súas necesidades. Grazas a estes avances podemos entender que sucede a nivel cerebral e estrutural co trauma, o abandono e a neglixencia e como podemos adaptarnos a esas circunstancias para poder reparalas e favorecer a resiliencia. En especial naqueles nenos, nenas e adolescentes que de maneira directa ou vicaria sufriron traumatización por parte dunha ecoloxía adversa que comprometeu o seu desenvolvemento madurativo.
Así pois, ao longo das cinco horas de formación introducirémonos nalgunhas das claves básicas da neurobioloxía do abandono e do trauma e sobre todo como establecer unha ponte para implementar unha presenza rehabilitadora e no día a día cos nenos, nenas e adolescentes. Así mesmo, traballaremos habilidades, estratexias e actitudes que posibiliten un acompañamento máis efectivo e respectuoso coa dor destes e destas.

Datos básicos do curso

  • DATA:
    20 de outubro 2023, de 9:30 a 14:30 h.
  • DURACIÓN:
    5 horas de formación certificada.
  • LUGAR:
    Santiago de Compostela. Sede do Ceesg.
  • MODALIDADE:
    Presencial.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    Educadoras e Educadores Sociais, colexiadas e estudantes amigas/os do Ceesg, así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS:
    13 de outubro.
Obxectivos
  • Proporcionar ferramentas útiles para a intervención con mozas e mozos traumatizados.
  • Coñecer as novas realidades e contextos que afectan ao sufrimento e ao desenvolvemento madurativo dos mozos e mozas hoxe en día.
  • Repensar a práctica socioeducativa por parte das Educadoras e Educadores Sociais.
Contidos

Módulo I: Paradigma dos bos tratos

  • Bases biolóxicas psicolóxicas e sociais
  • Resiliencia e bos tratos infantís
  • Conceptos craves para a comprensión do apego
  • Sistemas básicos de acción

Módulo II: Modelo comprensivo do sufrimento infantil

  • Neurobioloxía do abandono
  • Deprivación temperá e afectación
  • Impacto do abandono na organización neurolóxica

Módulo III: Ferramentas para o acompañamento terapéutico

  • Regulación emocional
  • Pedagoxía das pequenas nadas à actividades nutricias
  • Xogos de apego e terapéuticos
  • Vinculograma
  • Traballo en Fortalezas
Metodoloxía

A proposta pretende abordar tanto o Saber (coñecementos), como o Ser (rol do/a profesional) como o Saber Facer (estratexias, habilidades e recursos técnicos) na súa metodoloxía como unha maneira consistente de abordar o cambio de mirada e de praxe nos diferentes contextos de protección (medio aberto, pechado, intervención familiar, xudicial,…)

Docente

Íñigo Martínez de Mandojana

Psicopedagogo, Educador social e docente

Adicou máis de dúas décadas ao traballo con nenos e nenas, adolescentes e familias en especial con aquelas en situación de desvantaxe socio-emocional a través do medio aberto, no ámbito residencial e agora mesmo nun Centro de Preservación Familiar.

Especialista en Parentalidade positiva e Resiliencia, aposta sempre pola renovación e a mellora social.

É o Escritor do libro “Profesionais portadores de Oxitocina: os bos tratos profesionais”.

Acompaña tanto a pais/nais como a profesionais na arte da crianza positiva e terapéutica a través de conferencias, cursos de formación, obradoiros.

Inscricións

Cota única

25

EUROS