Informe Socioeducativo
O informe socioeducativo é o instrumento técnico da educadora e o educador social no que se integran o proceso de avaliación de necesidades, planificación, desenvolvemento, coordinación e avaliación das accións socioeducativas levadas a cabo con suxeitos nos diversos escenarios de actuación da Educación Social. Serve como ferramenta de información e asesoramento técnico –concretada nunha proposta de intervención en situación de necesidade que require respostas educativas ante a demanda explícita do propio suxeito, doutra/o profesional, ante a demanda ou esixencia de información complementaria dentro dun proceso xudicial e/ou administrativo e por ultimo a propia demanda da educadora ou educador como ferramenta avaliativa da intervención profesional.
Con este curso preténdese afondar na ferramenta para darlle o mellor uso por parte das educadoras/es sociais.
A formación realizarase en formato online (sincrónica), cunha soa sesión presencial en Compostela, para poder facilitar a participación de profesionais de distintos lugares de Galicia e contará tamén con carga horario en modalidade asincrónica.
A formación incluirá:
Levaranse a cabo unha sesión presencial de 8 horas e dúas sesións en liña de 2 horas cada unha. Durante as sesións en liña haberá unha presentación teórica, unha dinámica grupal e a presentación dun caso práctico.
Propoñerase o visionado de contidos audiovisuais que permitirá complementar o traballo que se realizará módulos de traballo. Para iso será necesario que ademais do visionado se responda a unhas preguntas que logo sirvan de reflexión común nas sesións en liña.
Realizaranse dúas sesións en liña que versarán sobre os contidos subidos con anterioridade á plataforma. Os contidos incluirán bibliografía e recomendacións sobre o falado.
Para superar a formación de xeito satisfactorio é necesario:
Realizarase unha proba final de cada un dos temas realizados e requerirase
a achega dun traballo final.
EUROS
Colexiadas/os*
Estudantes de Educación Social amigas/os do Ceesg
EUROS
Non colexiadas/os
* Colexiadas no Ceesg ou en calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES
*Amigas/os do Ceesg ou figuras análogas de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES