Loading...

FORMACIÓN CEESG

Mediación familiar

en procesos de ruptura de parella ou cese da convivencia

 


A mediación familiar é un instrumento eficaz para a resolución dos conflictos familiares, sendo naqueles derivados da separación, divorcio ou cese da convivencia onde tiveron un maior desenvolvemento. Nel, as parellas ou ex-parellas reúnense baixo a mediación dunha figura profesional que, de forma neutral e confidencial, lles acompañará no proceso de recuperar o diálogo, reorganizar a súa relación como pais e nais e alcanzar acordos satisfactorios para todos os membros da familia, especialmente para os fillos e as fillas.

Datos básicos do curso

  • DATA e HORARIO:
    21 de setembro 2023, de 19:00 a 21:00 h.
  • MODALIDADE:
    En liña.
    Enviarase un enlace para acceder á plataforma online onde desenvolverá o obradoiro uns días antes do mesmo.
  • DESTINATARIAS/OS:
    Educadoras/es sociais colexiadas/os ou estudantes Amigas/os do Ceesg, así como colexiadas/os en calquera Colexio profesional de Educación Social adscrito ao CGCEES.
  • INSCRICIÓNS:
    A formación é gratuíta, con inscrición previa. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, para colexiadas/os do Ceesg ou .
Obxectivo

Achegar a mediación familiar como método de intervención con familias que afrontan unha situación de separación, divorcio ou cese da convivencia. Isto permitiralles coñecer a existencia destes servizos para a coordinación e derivación de casos, ofrecendo unha atención máis integral, ou ben para abrir a porta a un futuro exercicio profesional.

Contidos
  • Introdución á mediación. Qué é. Cómo é un proceso de mediación. Principios que rixen a mediación. Ventaxas e contraindicacións.
  • Familia e crise. Tipos de crises. Roles na familia: Rol de parella e rol parental.
  • O onflicto e a súa dobre connotación. Diferentes formas de enfrentarse ao conflicto. Colaboración vs Confrontación.
  • Beneficios da colaboración parental. Redefinición da relación parental. Estilos educativos.
  • Distintas formas de organización familiar posterior á ruptura.
  • Dereitos das e dos menores.
  • Desenvolvemento evolutivo dos nenos e nenas. Consecuencias e reaccións dos fillos e fillas despois da ruptura.
  • Aspectos importantes a ter en conta para facilitar que os nenos e nenas comprendan a nova situación. Cómo explicar a ruptura.
  • Recomendacións para axudar a fillos e fillas a adaptarse á separación do seu pai e nai. Estratexias utilizadas polos nenos e nenas fronte a a ruptura.

Certificado de asistencia emitido polo Ceesg, que se enviará por correo-e en formato pdf despois de ter finalizado o curso.

A UNAF

A Unión de Asociaciones Familiares (UNAF) é unha entidade sen ánimo de lucro e pionera da mediación familiar en España, con 27 anos de experiencia tanto na prestación de servizos como na formación de profesionais, estando recoñecida como Centro de Formación en Mediación polo Ministerio de Xustiza

Docente

Begoña González Martín

Avogada e Mediadora familiar

Avogada en exercicio dende 1983.

Mediadora familiar no Servizo de Mediación Familiar da Unión de Asociacións Familiares (UNAF) desde a súa creación en marzo de 1991 até a actualidade.
Impartición de cursos de formación en mediación familiar organizados pola Unión de Asociacións Familiares (UNAF), e impartidos en UNAF, no Centro de Estudos do Menor do Ministerio de Asuntos Sociais, na Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Madrid, na Dirección Xeral da Muller da Comunidade Autónoma de Madrid, no Colexio de Psicólogos de Madrid, no Instituto Superior de Ciencias da Familia da Universidade Pontificia de Salamanca, Sección Valladolid, no Colexio de Avogados de Valladolid, no Instituto da Muller, no Instituto Europeo de Práctica Xurídica «Schola Iuris», no Centro de Estudos Universitarios de Talavera de la Reina, no Instituto Madrileño do Menor e da familia, e na Universidade Autónoma de Madrid..

Inscricións

Cota única

0

EUROS


CURSO GRATUÍTO


Este obradoiro está subvencionado polo Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social e desenvólvense en todo o territorio nacional.