Loading...

FORMACIÓN CEESG

Novas realidades na adolescencia vulnerable.

Como intervir dende o ámbito socioeducativo

 

A transformación que estamos a vivir nos ámbitos sistémico e social afecta tamén e de xeito particular á adolescencia. Historicamente, a adolescencia era unha fase da vida na que se deixaba atrás a infancia e se comezaban a dar os pasos cara a adultez. Non tendo perdido esta esencia, a día de hoxe podemos afirmar, tal e como o fan Ricardo Fandiño e Vanessa Rodríguez no seu libro Ser adolescente, ¿transición o destino?, que a adolescencia vai máis alá da fase da que previamente falabamos, para ocupar espazo ao longo da vida adulta.
Esta nova realidade fai que os rapaces e rapazas sexan acompañadas dun xeito distinto, afectando ao seu desenvolvemento madurativo, tanto de xeito positivo como negativo. Pero non solo existen cambios na concepción da adolescencia, tamén estes están presentes nas relacións familiares, nas relacións interpersoais e os usos da tecnoloxía e polo tanto tamén na expresión do sufrimento. Os informes dos últimos anos están a amosar un incremento da sintomatoloxía internalizante, que dista moito da concepción clásica da adolescente cunha problemática que entra en confrontación co entorno.
Os e as profesionais da Educación Social vémonos impactadas continuamente por todos estos cambios, polo que é necesario pararse a reflexionar sobre eles e repensar os xeitos de intervención. Esta proposta de formación pretende poñer o foco nas novas realidades, pero tamén abrir un espazo para poder partillar e aprender sobre a práctica da intervención socioeducativa con adolescentes.

Datos básicos do curso

  • DATAS:
    do 3 ao 31 de outubro 2023.
    Sesións de videoconferencia: 7, 14 e 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    + 1h de titoría individualizada para cada alumna/o a convir coa docente.
  • DURACIÓN:
    25 horas de formación certificada (10 horas de titorías + 15 de traballo persoal).
  • MODALIDADE:
    Online, a través da aula virtual do Ceesg.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    Educadoras e Educadores Sociais.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS:
    25 de setembro.
Obxectivos
  • Proporcionar ferramentas útiles para a intervención con adolescentes.
  • Coñecer as novas realidades e contextos que afectan ao sufrimento e ao desenvolvemento dos e das adolescentes hoxe en día.
  • Repensar a práctica socioeducativa por parte das Educadoras e Educadores Sociais.
Contidos

 


Sesión 7 de outubro

Módulo 1: Quen son as adolescentes?

  • Que entendemos por adolescencia
  • Son todas as adolescentes iguais? Adolescentes, raza e clase
  • A importancia das relacións entre iguais durante a adolescencia

Módulo 2: Importan as adultas para as adolescentes?

  • Cambios nos modelos de familia
  • O lugar das persoas adultas no desenvolvemento da adolescencia

 


Sesión 14 de outubro

Módulo 3: Como e con quen se relacionan as adolescentes?

  • Relacións sexo/xénero na adolescencia: novas/vellas dinámicas relacionais
  • O mundo dixital (internet) na adolescencia. Novos xeitos de relación
  • O corpo como lugar de relación

Módulo 4: O sufrimento na adolescencia

  • Trastornos máis habituais durante a adolescencia
  • Crecer sen familia. O apego nas relacións interpersoais
  • Ten cura o sufrimento?

 


Sesión 28 de outubro

Módulo 5: Ferramentas de intervención

  • Resiliencia
  • Vínculo
  • Acompañamento terapéutico
  • Supervisión
  • Intervención en crise

Módulo 6: Os e as educadoras sociais no acompañemento do sufrimento Duración:

  • O Autocoidado
  • As emocións antes, durante e despois da intervención
Metodoloxía

A formación realizarase en formato on-line (sincrónica) para poder facilitar a participación de profesionais de distintos lugares de Galicia e contará tamén con carga horaria en modalidade asincrónica.

Levaranse a cabo un total de 3 sesións, cunha duración de 3 horas cada unha, durante as que haberá unha presentación teórica, unha dinámica grupal e a presentación dun caso práctico, ademáis dunha hora de titoría individualizada para cada alumna/o a convir coa docente.

Proporase o visionado dunha película (ver bibliografía de referencia) que permitirá complementar o traballo que se realizará nos tres últimos módulos.

O total do tempo das sesións e do traballo asicrónico proposto será de 25 horas.

Bibliografía de referencia
  • Barudy, J. e Dantagnan, M. (2009). Los buenos tratos a la infancia. Parentalidad, apego y resiliencia. Gedisa
  • Brignoni, S., Esebbag, G. e Grisales, A. (2022). Violencias y desamparos. Una práctica colaborativa entre salud mental y educación. Nuevos emprendimientos editoriales.
  • Cyrulnik, B. (2008). Bajo el signo del vínculo. Una historia natural del apego. Gedisa
  • Fandiño, R. e Rodríguez, V. (2021). Ser adolescente. ¿Transición o destino?. Editorial UOC
  • Las vidas de Grace (Short Term 12). (2013). Dirección: Destin Cretton

Docente

Eva Gil Rodríguez
  • Graduada en Educación Social, e Doutoranda en Educación E-Learning (UOC)
  • Máster en Migracións Internacionais Contemporáneas (Universidad Pontificia Comillas) e Experta en Intervención Socioeducativa con Familia e Infancia en risco (Uned)
  • Actualmente é coordinadora do Punto de Apoio Emocional de Aseia e do Centro de Menores Casa da Quintán.
  • Experiencia na intervención socioeducativa con persoas en situación de vulnerabilidade (adolescentes, adultas e familias) así como no ámbito da participación pública e da sensibilización.

Eva Gil Rodríguez

Educadora social. Colex. 5177

Inscricións

Reducida

50

EUROS


Colexiadas/os e amigas/os do Ceesg, así como así como de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES


Xeral

80

EUROS


Outras/os profesiónais
ou educadoras/es sociais non colexiadas